Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

RadioRed ASPACE

RadioRed ASPACE
Un proxecto para asesorar e ensinar outras entidades a crear unha radio

"RadioRed" é un proxecto premiado pola Confederación ASPACE e a Fundación Vodafone na iniciativa ASPACENET (anos 2015 e 2016) que consiste en establecer unha colaboración entre ASPACE Coruña e outras entidades para dar a coñecer "A Radio dos Gatos" e axudar a outras asociacións para crear a súa propia emisora.

 

Con este proxecto preténdense varios obxectivos:

  • Poñer as tecnoloxías ao servizo das persoas con parálise cerebral
  • Permitir incrementar as oportunidades deste colectivo para mostrar as súas capacidades

 

ASPACE Coruña lidera esta iniciativa na que este ano participan AMAPPACE Málaga, APAMP Vigo e a Fundación Bobath, e tamén colaborarán nalgunhas emisións membros de Fundación Númen, APACE Toledo e CADIS Huesca.

 

Os participantes contarán tamén co apoio da comunidade “Conectados por la accesibilidad: #conecta2Xaccesibilidad e poderán facer uso das plataformas aMiAlcance y Mefacilyta, desenvolvidos pola Fundación Vodafone. Con eles, as persoas con parálise cerebral poderán comunicarse e empregar móviles e as súas aplicacións, mellorando deste xeito a autonomía de persoas cunha discapacidade motora e/ou cognitiva.

 

O proxecto "RadioRed" é a demostración das múltiples posibilidades que ofrece o uso das novas tecnoloxías para a integración das persoas con parálise cerebral.

 

E ademais, é un dos seis proxectos seleccionados a nivel nacional para promover a participación social deste colectivo. Queres coñecer o resto de iniciativas? Pica aquí.

 

      

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia