Traballadores
ASPACE Coruña conta cun equipo formado por unha media de 121 profesionais especializados en parálise cerebral. O compromiso e a dedicación de cada un dos traballadores/ás da nosa asociación tradúcese nunha atención personalizada centrada nas necesidades das persoas nas distintas etapas da súa vida.
O persoal foi crecendo de forma continua desde a constitución da entidade, aínda que desde o ano 2010 coa apertura da Residencia II e a posta en marcha de novos servizos/actividades o número de traballadores/as experimentou un maior incremento, sobre todo, de persoal de atención directa.
A maior parte dos traballadores/as desenvolve o seu labor nun dos nosos recursos (Centro Educativo, Centro de Día, Centro Residencial e Atención Temperá), aínda que tamén existen servizos con persoal compartido (Traballo Social, Psicoloxía, Administración, Enfermaría, Limpeza/Lavandaría, Cociña, Mantemento, Comunicación, Informática).