Actividades acuáticas
A auga como medio para o exercicio e a diversión
As actividades acuáticas están indicada para persoas con parálise cerebral sen límite de idade, con diferentes graos de afectación física, psíquica e de autonomía persoal, con e sen control de esfínteres. Para iso baseámonos nos seguintes requisitos mínimos e básicos:
- a seguridade da persoa no medio acuático
- a autoconfianza dentro do mencionado medio
- a experiencia non traumática
- a aprendizaxe progresiva e adaptada ás características da persoa
A actividade pode ser individual ou en pequenos grupos; e é efectuada por persoal especializado en actividades físicas e deportivas, sendo a duración desta de 30 minutos. Con ela perséguense fins físicos (mellorar movementos, equilibrio, coordinación...) e fins psicolóxicos (mellorar autoconfianza, motivación e as relacións cos demais).
Perséguense os seguintes obxectivos:
- favorecer o movemento grazas ao efecto desgravitatorio da auga
- diminuír a dor e buscar a relaxación muscular
- manter ou mellorar o equilibrio e a coordinación
- estimular a circulación e o movemento
- pracer e diversión
- mellorar a forma de nadar (isto pódese facer en determinados casos)