Servizo médico
Prevención e atención á saúde
O servizo médico está formado por un médico de Medicina Xeral, unha doutora especialista en Neuroloxía, unha enfermeira e unha auxiliar de enfermería.
Un programa de saúde é "un conxunto das accións sanitarias e recursos materiais utilizados organizadamente para conseguir uns obxectivos e atender as necesidades das persoas con parálise cerebral".
O obxectivo principal é constituír unha estrutura que poida cubrir as necesidades da persoa usuaria do centro así como da súa familia.
Preténdese levar a cabo uns obxectivos xerais que son:
- Identificar as necesidades reais e potenciais da persoa usuaria
- Establecer plans de coidados individuais e grupais
- Actuar para cubrir e resolver os problemas, previr ou curar a enfermidade existente