A nosa historia en fitos
- 1977: un grupo de nais e pais, ante a inexistencia de recursos públicos e privados, deciden constituír a asociación
- 1978: as familias alugan unha casa en Cambre para convertela no primeiro centro asistencial da asociación, con capacidade para 25 nenos con parálise cerebral
- 1980: o Consello de Ministros declara a asociación como entidade de Utilidade Pública
- 1983: tras adquirir un terreo na parroquia de Osedo (Sada), ASPACE Coruña constrúe un novo centro ao que traslada a súa actividade
- 1987: creouse o Club Sport ASPACE
- 2001: ponse en funcionamento a primeira Residencia de ASPACE Coruña, inaugurada no ano 2000.
- 2007: a asociación obtén o Certificado de Calidade ISO 9001 no servizo residencial
- 2010: ponse en funcionamento a Residencia II, coa que a asociación consegue incrementar o número de prazas para residentes
- 2011: o proxecto da Radio dos Gatos obtén o Premio Nacional "Romper Barreiras" organizado por B&J Adaptacións e Toshiba tras obter mais de 10.000 votos
- 2012: todos os centros de ASPACE conseguen o Certificado de Calidade ISO 9001
- 2013: presentación da Fundación ASPACE Coruña, a única en Galicia para o colectivo de parálise cerebral
- 2014: inauguración do novo centro educativo
- 2015: posta en funcionamento do Centro de Formación para a Prevención da Dependencia
- 2017: o concello de Sada concede a asociación a súa Medalla de Ouro
- 2018: renovación do Certificado de Calidade segundo a nova norma UNE-EN ISO 9001:2015
- 2019: posta en marcha do servizo de Atención Temperá
- 2019: creación da marca #SoyVoluntarix e extensión do servizo de Ocio ás persoas de todos os centros da asociación
- 2021: ASPACE Coruña recibe o I Premio de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña
- 2023: a asociación recibe o Premio Innovación en Saúde, concedido polo Sergas, polo proxecto de "Alimentación texturizada"