Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Que é a parálise cerebral?

 

A parálise cerebral é unha discapacidade producida por unha lesión no cerebro sobrevida durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida do neno. Xeralmente leva consigo unha discapacidade física en maior ou menor grao, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial e/ou intelectual.


Algunhas características da parálise cerebral:

  • Discapacidade permanente e inmutable.
  • A lesión tamén pode afectar a outras funcións, como a atención, a percepción, a memoria, a linguaxe e o razoamento, en función do tipo, a localización, a amplitude e a disfunción da lesión neurolóxica, así como polo momento en que se produce o dano.
  • Ademais, a lesión interfire no desenvolvemento do Sistema Nervioso Central, polo que, unha vez producido o dano, este repercute no proceso madurativo do cerebro e, polo tanto, no desenvolvemento do neno.

 

 

 

O grao no que esta discapacidade afecta a cada persoa é diferente, e vén determinado polo momento concreto en que se produce o dano. Así, podemos encontrarnos con persoas que conviven cunha parálise cerebral que resulta apenas perceptible, desenvolvendo unha vida totalmente normal, fronte a outras que necesitan do apoio de terceiras persoas para realizar as tarefas máis básicas da súa vida diaria.


A parálise cerebral é unha das causas máis frecuentes de discapacidade motórica, e a máis frecuente en nenos. Estímase que entre un 2 e un 2,5 por cada mil nacidos en España ten parálise cerebral, é dicir, unha de cada 500 persoas. Dito doutra forma, en España hai 120.000 persoas con parálise cerebral e en Galicia en torno a 5.000.

 

Os trastornos resultantes da parálise cerebral son múltiples e complexos. O máis frecuente e evidente caracterízase por alteracións na postura, ton muscular e movemento. Tamén poden asociarse trastornos sensoriais, perceptivos, cognitivos, respiratorios, epilepsia, trastornos da linguaxe, de conduta, etc.


É moi importante saber que a parálise cerebral é irreversible. Estritamente non é unha enfermidade, pois a parálise cerebral, como tal, non require de ningún tratamento, nin farmacolóxico nin terapéutico. Non obstante, os síntomas desta discapacidade si que poden ser tratados, especialmente dende catro áreas fundamentais: fisioterapia, logopedia, apoios educativos e terapia ocupacional.


Así, se a persoa recibe unha atención axeitada que lle axude a mellorar os seus movementos, estimule o seu desenvolvemento intelectual, desenvolva a súa comunicación e potencie as súas habilidades sociais, poderá alcanzar importantes niveis de autonomía e levar unha vida plena.

      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia