Noticias
Nace unha Rede Colaborativa de Fundacións de Apoio en A Coruña
27 de xuño de 2025 | Sada

O 27 de xuño tivo lugar na nosa sede a primeira xuntanza de fundacións de apoio ao exercicio da capacidade xurídica da provincia da Coruña. Esta iniciativa nace co obxectivo de crear un espazo próximo e colaborativo no que as entidades que traballamos no acompañamento a persoas con discapacidade poidamos coñecernos, compartir experiencias e apoiarnos mutuamente no proceso de adaptación aos importantes cambios introducidos pola nova lexislación.
Actualización dos Estatutos da Fundación ASPACE Coruña conforme á Lei 8/2021
Xuño de 2025 | Sada
Os novos estatutos foron validados e inscritos no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.
Reunión entre a Fundación ASPACE Coruña e o Concello de A Coruña para fomentar a colaboración social
21 de maio de 2025 | Sada

Eulogio López, presidente da Fundación ASPACE Coruña, e Verónica Álvarez, traballadora social da entidade, mantiveron unha xuntanza con Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade do Concello da Coruña.
Durante o encontro, os representantes da fundación presentáronlle á concelleira os proxectos e actividades que desenvolven en apoio ás súas persoas curateladas, co obxectivo de explorar vías de colaboración co Concello. A Fundación ASPACE Coruña traballa na protección e defensa dos dereitos das persoas con discapacidade ou en situación de vulnerabilidade.
Charla sobre la Ley 8/2021 de Medidas de Apoyo
13 de diciembre de 2024 | Sada

A Fundación ASPACE Coruña celebrou esta tarde a súa charla anual, nesta ocasión para falar sobre a Lei 8/2021 de Medidas de Apoio.
Lola Santana, abogada da Federación ASPACE-Galicia, explicoulle ás familias os efectos desta lei tres anos despois da súa entrada en vigor e sobre a súa aplicación práctica.







