Socios/as
Na nosa asociación existen dous tipos de soci@s:
Soci@s de número: son os pais, nais ou titores legais das persoas con parálise cerebral que reciben servizos da asociación e comparten a misión e os fins desta. Na actualidade, hai 122 socios/as de número.
Soci@s protectores: son persoas físicas ou xurídicas que comparten a finalidade da asociación e colaboran para a consecución da mesma, e que aboan unha cota que voluntariamente deciden (mensual, trimestral, semestral ou anual). Xa son 102 as persoas/empresas que apoian á nosa asociación.
QUERES UNIRTE Á NOSA CAUSA? FAITE SOCI@!