Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Centro Residencial

Centro Residencial
Un fogar diferente, un fogar para todos

 

ASPACE Coruña conta con un Centro Residencial que da resposta ás necesidades das persoas adultas que necesitan dun apoio xeneralizado fóra do ámbito familiar.

 

No ano 2001 entra en funcionamento a Residencia I e no 2010 a Residencia II. Hoxe en día ambas as dúas contan con 50 prazas en estancia de 365 días contratadas coa Consellería de Política Social e Igualdade.

 

 

O Centro Residencial definiu como a súa misión "un servizo cuxa finalidade é mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral con necesidade de aloxamento e as súas familias", estando en consonancia coa misión da asociación.

 

O noso máximo empeño é acompañar ás persoas residentes no seu día a día, creando relacións de apoio ás necesidades e características de cada unha delas. Desde que se levantan ata que se deitan téntase que o coidado, o respecto á intimidade e o trato humano convértanse nos eixos fundamentais.

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia