Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Terapia Ocupacional

Terapia Ocupacional
Damos apoios para mellorar a autonomía persoal

A atención que se ofrece no servizo de Terapia Ocupacional vai dirixido a persoas que presentan dificultades no seu desempeño ocupacional, xa sexa por unha limitación motora, sensorial, cognitiva e/ou afectiva.

 

Deste modo desenvólvese a utilización terapéutica das actividades na vida diaria (vestirse, comer, usar o baño, etc.), no ámbito escolar, no xogo, no tempo libre e na participación social para conseguir a máxima autonomía posible das persoas (de todas as idades), mellorando o seu desenvolvemento e satisfacción persoal. 

 


A tecnoloxía de apoio permite achegar as persoas con parálise cerebral ao seu ámbito e darlles as ferramentas específicas para que o poidan modificar,  gozar e mellorar a súa autonomía.

 

 

Sala de estimulación multisensorial snoezelen: temos dous espazos (un no Centro Residencial e outro no Centro de Día) que, polas súas características básicas e recursos técnicos, permite crear ambientes con estímulos controlados, co obxectivo final de favorecer o nivel sensorial facilitando así as aprendizaxes básicas e abrindo portas a relacións máis significativas. Dende este espazo as persoas que teñen pechadas algunhas portas sensoriais encontran outras formas de relacionarse co mundo, de sentir pracer, de recoñecer o seu corpo, nun espazo de experimentación multisensorial. A medida que a persoa experimenta sensacións, aprende gradualmente a organizalas no seu cerebro e descobre o que significan. Ao organizar sensacións, vai tomando control das súas emocións.

 

Hipoterapia: é a monta terapéutica, unha actividade rehabilitadora recoñecida en todo o mundo. Consiste en aproveitar os movementos tridimensionais do cabalo para estimular os músculos e articulacións. Ademais, o contacto co cabalo, achega facetas terapéuticas a niveis cognitivos, comunicativos e de personalidade. Aquí en ASPACE Coruña ofrcécese esta actividade a persoas usuarias do Centro Residencial, que acoden a un centro especializado para iso.

 

Produtos de apoio: os profesionais deste departamento tamén se encargan do posicionamento e sedestación dos usuarios, ademais do mantemento da propia cadeira de rodas, coa colaboración dos técnicos da ortopedia EOPRIM que acoden todas as semanas. Tamén se realiza un acompañamento a citas hospitalarias relacionadas con este tipo de produtos (cadeiras de rodas, andadeiras...) para un mellor asesoramento.

 

 

Actividade con mascotas: en ASPACE Coruña as persoas usuarias participan tamén no coidado e atención da nosa mascota, unha perra chamada Aspa, á que dan paseos, axudan a lavala e a alimentala.

 

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia