Por que ser soci@?
Sabías que 1 de cada 500 persoas en España ten parálise cerebral? E que en Galicia o colectivo agrupa máis de 5.000 persoas? Pode que aínda non as coñezas, pero eles e elas necesitan do teu apoio.
Facerte soci@ protector de ASPACE Coruña só che trae cousas boas porque:
- Axudas de forma regular a unha entidade sen ánimo de lucro como a nosa para que poidamos ofrecer servizos e tratamentos beneficiosos para as persoas con parálise cerebral
- Contribúes a difundir a nosa causa, que é mellorar a calidade de vida destas persoas e as súas familias
- Obtés beneficios fiscais: a túa achega desgrávase na túa declaración da renda. E coa modificación da lei fiscal, podes achegar máis sen que che custe máis
Non o dubides, PERSOAS COMA TI FANO POSIBLE!