Vivimos y aprendemos con ellos

 
Cookies

Centro Educativo

Centro Educativo
Por unha educación inclusiva

 

 

O Centro de Educación de Especial ASPACE Coruña conta con sete unidades concertadas coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ás cales acoden nenos con idades comprendidas entre os 3 e 21 anos distribuídos segundo criterios cronolóxicos e capacidades cognitivas.

Estamos nun centro onde se escolariza, exclusivamente, alumnado con necesidades educativas especiais que require modificacións significativas do currículo en parte ou en todas as áreas ou materias e que precisa da utilización de recursos moi específicos ou excepcionais, necesidades que non poden ser atendidas e medios que non se poden facilitar en centros educativos ordinarios.

 

 

O centro permanece aberto de luns a venres de 10 a 17.30 horas e respectando o calendario escolar da comunidade autónoma. A actividade docente corresponde ao curso escolar, aínda que durante o mes de xullo, ASPACE Coruña ofrece a posibilidade ás familias de facer uso destas instalacións.

A misión do centro educativo vai encamiñada a "favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe, tendo en conta as necesidades de cada neno, nun clima afectivo que lle ofreza seguridade e estimule o descubrimento de si mesmo e do seu ámbito".

 

Asesoramiento a otros centros educativos

ASPACE Coruña, en virtude dun convenio de cooperación educativa asinado desde 2017 coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, asesora a outros centros educativos mediante o desenvolvemento de accións relativas á atención á diversidade e á formación do profesorado que atende a alumnado con parálise cerebral en centros ordinarios.

 

Se o teu centro educativo necesita o noso asesoramento, podes contactar connosco chamando ao 981 61 03 12 ou escribíndonos a aspacecoruna@aspacecoruna.org.

 

 
Miembro de:
Aspace Confederación
Aspace Galicia