Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Centro de Día

Centro de Día
Traballamos pola integración social e a autonomía persoal

O Centro de Día está orientado a persoas con parálise cerebral fóra da idade escolar e que non poden asistir a centros ocupacionais ou de emprego. Ten unha capacidade de 58 prazas, das cales 46 están contratadas coa Consellería de Política Social e Igualdade.


É un centro de carácter asistencial, sociointegrador e que atende a persoas adultas cun alto grao de dependencia co obxectivo de manter e, no posible, mellorar a súa autonomía e integración social.

 

Ademais, tamén proporciona ás familias un tempo de descanso durante a permanencia no centro. O centro funciona de luns a venres dende o 1 de setembro ao 31 de xullo en horario de 10 a 17.30 horas.

 

 

O centro organízase en talleres á fronte dos cales se encontra un monitor/a, apoiado na súa actividade diaria por un grupo de coidadores/as. O centro organízase en talleres á fronte dos cales se atopa un monitor/a, apoiado na súa actividade diaria por un grupo de coidadores/as. Os talleres abarcan un amplo abanico de actividades, desde a atención a necesidades básicas á estimulación sensorial ou actividades máis lúdicas.


O centro de día definiu a súa misión para "ofrecer un servizo cuxa finalidade é favorecer o máximo desenvolvemento da autonomía persoal das súas persoas usuarias, e facilitar as súas posibilidades de integración social, contribuíndo con iso a mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias".

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia