Certificacións e recoñecementos
ASPACE Coruña foi declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior o 3 de novembro de 1980.
Está inscrita nos seguintes rexistros:
- Rexistro Nacional de Asociacións co n.º 18.135
- Rexistro Provincial co n.º 390
- Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) co n.º E-0056
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co n.º 15021950
- Ministerio de Economía e Facenda co C.I.F.: G-15031529
- Rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios co n.º C-15-002470
- Rexistro municipal de asociacións cidadás de Ferrol co n.º 458
- Rexistro municipal de asociacións da Coruña (REMAC) co n.º 303
Contamos cun Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma UNE EN ISO 9001:2015, auditar externamente por AENOR.
O Sistema de Xestión de Calidade está implantado dende o ano 2007 no Centro Residencial e no ano 2012 ampliouse a toda a asociación.
Premios / recoñecementos:
- Premio Romper Barreiras 2011: ASPACE Coruña obtivo este premio, organizado por Toshiba e B&J Adaptaciones grazas ao proxecto da Radio dos Gatos, que supuxo a creación dunha radio na que participan persoas con parálise cerebral utilizando as novas tecnoloxías. O proxecto obtivo o voto de case 10.000 internautas de toda España
- Proxectos Impulso: ASPACE gañou en 2013 a primeira edición dos Premios Impulso, do Banco Popular, cun proxecto para formar persoas con parálise cerebral como recepcionistas
- Premio ASPACE Crea: ASPACE Coruña gañou o concurso nacional ASPACE CREA, unha convocatoria lanzada por ASPACE Galicia e a Confederación ASPACE, cunha figura deseñada polos usuarios da asociación e que será o galardón dos Premios ASPACE Ipsen Pharma ata 2017
- Medalla de Ouro do Concello de Sada: o Concello de Sada concedeu a súa Medalla de Ouro á asocación polos 40 anos de traballo
- I Premio Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña: polo proxecto Talentos Inclusivos desenvolto xunto ao CITIC para crear adaptacións e deseños tecnolóxicos que fagan máis fácil, e sobre todo, máis feliz a vida das persoas con parálise cerebral
- XXXV Premios Prisma (Concello de A Coruña): mención honorífica ao proxecto Talentos Inclusivos na categoría de Proxecto Singular
- Premio Innovación en Saúde: a Consellería de Sanidade e o Sergas entregaron este premio en 2023 á asociación polo proxecto de Alimentación Texturizada
- Premio La Voz del Paciente (Laboratorios Cinfa): a asociación gañou este premio ao estar entre as 100 entidades de toda España máis votadas: en 2023 polo proxecto "Neurorehabilitación para persoas con parálise cerebral" e en 2024 polo proxecto "Youtubers sen barreiras".