Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Memorias de actividades

Aquí tedes á vosa disposición para visualizar e descargar as últimas memorias de actividades da nosa asociación.

Os socios e socias porque tedes o dereito a coñecer que se fixo e como; os financiadores porque podedes comprobar por onde camiña a organización; e os futuros doadores porque é a ventá que vos permite ver onde irían as vosas achegas.

 

"O ano 2024 foi un ano de moito traballo e grandes proxectos, sempre enfocados a proporcionar ás persoas que atendemos nos nosos centros unha atención personalizada e especializada na que se teñan en conta as necesidades de apoio de cada persoa.

É un orgullo ser a presidenta dunha asociación como ASPACE Coruña, unha entidade eficiente e transparente que conta cunha sólida rede de alianzas, colaboradores, voluntarios e profesionais que nos axudan a garantir un futuro cheo de novas oportunidades para as persoas con parálise cerebral e as súas familias".

                                                                                                                                                     Mª Carmen Barreiro (Presidenta)

 

UN ANO EN IMAXES 2024

                    
      Imprimir
         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia