Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Cidadanía activa

Cidadanía activa
Nós tamén podemos, involúcranos!!

 

O grupo de Cidadanía Activa está formado por persoas con parálise cerebral da asociación e forma parte da Rede de Cidadanía Activa de Confederación ASPACE e ten como obxectivos xenerais:

  • Que as persoas con parálise cerebral sentan parte do movemento asociativo, sendo as súas propostas escoitadas e tidas en conta dentro da entidade
  • Que estas persoas coñezan, entendan e poidan exercitar os seus dereitos, sendo tamén conscientes dos deberes que isto conleva

Dentro do programa de Cidadanía Activa realízanse ao longo do ano reunións e tamén relatorios sobre temas de interese, ademais de formacións.

O grupo de Cidadanía Activa tamén se reúne de forma periódica co xerente para trasladarlle as demandas do colectivo e coñecer a situación da entidade e a evolución dos proxectos levados a cabo.
 
 
 
 
Programa "Eu coma ti"
 
"Eu coma ti" é un programa de sensibilización que ASPACE Coruña puxo en marcha en 2017 no que as persoas con parálise cerebral ofrecen charlas en centros educativos contando en primeira persoa a realidade da parálise cerebral, co fin de que a sociedade coñeza un pouco máis este tipo de discapacidade e, sobre todo, ás persoas e as súas capacidades.
 
Desde a súa posta en marcha impartíronse un gran número de charlas, chegando a alumnos/as de diferentes idades e tamén a outros colectivos.
 
Os grupos que imparten estas charlas, nos que sempre se inclúe a persoas gravemente afectadas, falan sobre parálise cerebral, a asociación (actividades, servizos...) e comparten bos momentos co alumnado, mostrándolles que hai moitas máis cousas que os unen que as que os separan.
 
Se estás interesado/a en que acudamos ao teu centro a impartir unha charla de "Eu coma ti", chama ao 981 61 03 12 ou escribe a aspacecoruna@aspacecoruna.org.
 
 
 

 

 

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia