Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

A Consellería de Sanidade premia o proxecto de Alimentación Texturizada de ASPACE Coruña

A asociación obtivo o segundo premio na categoría de Pacientes na terceira edición dos Premios Innovación en Saúde

18/04/2023 | A Coruña

 

ASPACE Coruña suma un novo recoñecemento a proxectos destinados a mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral.

A Consellería de Sanidade entregou hoxe á asociación o segundo premio na categoría de Pacientes da terceira edición dos Premios Innovación Saúde pola iniciativa “Alimentación texturizada”, unha técnica que en Galicia unicamente desenvolve ASPACE Coruña con ese completo equipamento para transformar os alimentos nunha textura que facilita a deglución das persoas con problemas de disfagia (dificultade para tragar alimentos e/o bebidas).

Esta técnica permite que os pratos sexan máis seguros e saborosos, xa que se manteñen os sabores e os cheiros de cada un dos alimentos, ofrecendo a estas persoas a posibilidade de compartir o mesmo menú, con grandes beneficios nutricionais, reducindo as complicacións e ingresos hospitalarios e ofrecendo á persoa o pracer de poder probar sabores ata o de agora descoñecidos.

 

 

“Moitas persoas experimentaron por primeira vez na súa vida, xa de adultas, a que sabe un tomate ou un filete. E ver esa satisfacción nas persoas que atendemos é o mellor premio a todo este traballo”, destacou a presidenta de ASPACE Coruña, Mª Carmen Barreiro, na recollida do premio nun acto celebrado no Chuac e presidido polo Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

A asociación comezou a investigar sobre a alimentación texturizada no ano 2017, e tras formar ao seu persoal e adquirir o equipamento necesario para contar cun taller especializado, na actualidade elabora ao redor de 33.000 menús texturizados ao ano, adaptados en seis niveles diferentes ás necesidades de cada persoa.

O equipo de logopedia realiza unha valoración individual de cada persoa, e con esa información, o equipo de cociña encárgase da elaboración dos pratos, que se serven ademais con moldes que imitan as formas dos alimentos. Ademais, ASPACE Coruña elaborou un receitario de alimentación texturizada para que calquera persoa poida elaborar na súa casa este tipo de pratos. “Queremos que esta técnica chegue a todas as persoas maiores e persoas con algunha discapacidade que o poidan necesitar, afirmou a presidenta da asociación.

Arquivada en:
A Asociación > Certificacións e recoñecementos
Centros e Servicios > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > OUTROS SERVIZOS > Comedor

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia