Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

#EuDecido, lema central da campaña polo Día Mundial da Parálise Cerebral

O 6 de outubro reivindicamos que deben ser as propias persoas con parálise cerebral as que tomen decisións sobre a súa vida, contando cos apoios que necesiten

20/09/2022 | Sada

 

O Día Mundial da Parálise Cerebral celébrase en todo o mundo o día 6 de outubro para reivindicar os dereitos das persoas con parálise cerebral e as súas familias.

Desde ASPACE Coruña, xunto a todas as entidades da Federación ASPACE Galicia (AMENCER, APAMP e ASPACE Lugo) aproveitamos esta data para secundar a campaña de Confederación ASPACE #YoDecido. Facémolo, como sempre, co obxectivo de promover e defender os dereitos das persoas con parálise cerebral e as súas familias desde un posicionamento común das entidades membro do Movemento ASPACE.

A campaña deste ano ten por tema a promoción da vida independente das persoas con grandes necesidades de apoio desde a súa toma de decisións. Desta idea nace a campaña #YoDecido, frase que resume a formulación de que deben ser as propias persoas con parálise cerebral as que tomen as súas decisións contando co apoio que necesiten, para lograr unha vida independente.

 

 

No Movemento ASPACE levamos tempo traballando desde o enfoque social de dereitos para axustalo á realidade das persoas con parálise cerebral e grandes necesidades de apoio. Neste sentido, apostamos pola participación e o exercicio de dereitos de todas elas, así como polo respecto dos seus desexos e preferencias, ofrecéndolles todos os apoios que necesiten para desenvolver unha vida independente.

As persoas con parálise cerebral e grandes necesidades de apoio requiren de apoios humanos durante as 24 horas os 7 días da semana, para así poder desenvolver a súa vida e participación. Estes apoios recíbenos de profesionais e coidadores nos seus domicilios, pero tamén nas residencias, centros de día, centros educativos ou en centros ocupacionais, por iso non deben desaparecer, senón flexibilizarse para que respondan as necesidades, desexos e preferencias das persoas.

Trátase de levar a cabo un “traxe a medida” con cada persoa con parálise cerebral, no que definamos as súas necesidades de apoio e realicemos axustes na atención que reciben para respectar os seus dereitos e que poidan tomar as decisións que as leven a desenvolver unha vida independente.

 

Arquivada en:
A Asociación > Persoas usuarias

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia