"As Mosqueteiras"

Grupo de mujeres con parálisis cerebral
As mulleres con parálise cerebral de ASPACE Coruña crearon o grupo de “As Mosqueteiras”, unha iniciativa que nace co obxectivo de ter un espazo de intimidade no que as mulleres poden falar dos temas que lles afectan directamente, con total liberdade e confianza.
Isto xera en moitas mulleres con discapacidade unha baixa autoestima que pode derivar en abusos sexuais e violencia, situación que se acentúa coa mensaxe que se difunde en moitas ocasións en redes e publicidade de “corpos perfectos” nos que elas ven identificadas e que tampouco representan á gran maioría de mulleres.
“As Mosqueteiras” decidiron crear o grupo tras participar en 2023 na iniciativa desenvolvida pola Federación ASPACE Galicia para promover os grupos de mulleres nas entidades ASPACE de Galicia, a través dunha formación impartida pola cooperativa A Morada.