Vivimos y aprendemos con ellos

Vivimos y aprendemos
con ellos

 
Cookies

Noticias 

ASPACE Coruña pide que se respecten os desexos e preferencias das persoas con parálise cerebral

A asociación celebrou o acto do Día Mundial da Parálise Cerebral en Sada, con actividades e lectura do manifesto

06/10/2022 | Sada

 

 

No marco do Día Mundial da Parálise Cerebral que se celebra o 6 de outubro, ASPACE Coruña xunto coa Confederación ASPACE reclama que se respecten os desexos e preferencias das persoas con parálise cerebral e con grandes necesidades de apoio e que poidan tomar as súas propias decisións para ter unha vida independente, podendo contar con apoios que cubran de forma adecuada e suficiente as necesidades de cada persoa.

Neste sentido, púxose en marcha a campaña #YoDecido que fai referencia a que as persoas con parálise cerebral e con grandes necesidades de apoio tomen decisións sobre a súa propia vida.


Actividades e lectura de manifesto

Para conmemorar este día ASPACE Coruña realizou un acto no que se contou coa presenza do xerente da asociación, Ricardo Iglesias, un vogal da Xunta Directiva e Presidente da Fundación ASPACE Coruña, Eulogio López, e o alcalde de Sada, Benito Portela.

“Debedes exercer os vosos dereitos e os que vos acompañamos debemos traballar por asegurar que iso se cumpre, e darvos todas as ferramentas que poidades necesitar para que sexa unha realidade”, destacou Ricardo Iglesias. Pola súa banda, o alcalde afirmou que é “un orgullo para Sada ter unha asociación como ASPACE” e asegurou que “é unha entidade que traballa sen descanso e sempre para mellorar os seus servizos”.

A lectura do manifesto realizárona Jorge, Chon, Yago e Chus, que reclamaron o “respecto de desexos e preferencias, a participación para expresalos e unha oferta de apoios suficiente, axustada e flexible coas necesidades de cada persoa”. Ademais, realizouse un mural con mans de papel nas que os participantes escribiron as decisións que queren tomar na súa vida e houbo un photocall para deixar un recordo deste día. Acompañáronnos as asociacións Pai Menni, Aspronaga e Aspadisol.

 


 

Principais demandas

En España viven 120.000 persoas con parálise cerebral, unha pluridiscapacidad na que cada persoa pode ter unha combinación de distintas discapacidades; aínda que todas comparten a discapacidade física. De todas elas, case o 80% das persoas con parálise cerebral presentan grandes necesidades de apoio.

Para vivir de forma independente, cada unha destas persoas precisa dun conxunto de apoios específico, deseñado de acordo con as súas necesidades e para facer isto posible é necesario un incremento de recursos humanos e económicos.

É necesario elaborar “un traxe a medida” para conseguir que as persoas con parálise cerebral que presentan grandes necesidades de apoio leven unha vida independente.

 

 

Entre as principais demandas da campaña destaca garantir a sustentabilidade das entidades de atención directa, para seguir transformando os seus servizos e promovendo a participación das persoas con parálise cerebral e grandes necesidades de apoio en todos os ámbitos da súa vida e para superar a crise económica potenciada pola pandemia do COVID-19; agudizada polo contexto socioeconómico nacional e mundial.

Para achegar este tema á sociedade, celebrarase o Congreso do Día Mundial da Parálise Cerebral 2022 na cidade de Valencia os días 7 e 8 de outubro.

Anuncio #Yodecido: https://www.youtube.com/watch?v=E0ZVqwFnSNc

Arquivada en:
A Asociación > Persoas usuarias

         
Miembro de:
Aspace Confederación   Aspace Galicia