Infórmate > Noticias 

Noticias 

ASPACE Coruña colabora co CITIC na creación de xogos terapéuticos para persoas con parálise cerebral
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/06/2020 | Sada

O obxectivo: aumentar a motivación, participación e adherencia ao tratamento rehabilitador 

1 de 1

ASPACE Coruña está a colaborar co CITIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e Comunicacións) da Universidade da Coruña para a creación de diferentes xogos terapéuticos que permitan a rehabilitación física e cognitiva das persoas con parálise cerebral.

Este grupo de traballo iniciouse hai uns meses coa formación de diferentes técnicos da nosa asociación, como fisioterapeutas e terapeutas, que aprenderon da man do CITIC a deseñar e programar xogos que axuden ás persoas da asociación nas sesións de rehabilitación.

O obxectivo destas novas ferramentas tecnolóxicas é aumentar a motivación e participación das persoas que acoden a rehabilitación, así como incrementar a súa adherencia ao tratamento, combinando a eficacia do mesmo coa diversión e favorecendo a accesibilidade ás novas tecnoloxías das persoas con parálise cerebral.

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > SERVIZOS SANITARIOS > Fisioterapia

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos
Noticias