Que facemos >  

Que facemos

Valorando Capacidades

  • Unha ferramenta para analizar as necesidades do colectivo cunha mesma linguaxe

Os nosos profesionais participan no proxecto "Valorando Capacidades: Clasificación CIF aplicada á parálise cerebral" da Confederación ASPACE, proxecto dende o que se valora de forma obxectiva as características clínicas, o perfil da minusvalidez e a situación social das persoas con parálise cerebral.

Para esta valoración cóntase cunha aplicación informática que fai que profesionais de 73 entidades utilicen unha mesma linguaxe técnica e uns mesmos estándares de valoración, podendo intercambiar información de forma obxectiva e podendo establecer así as necesidades concretas de cada usuario e do colectivo en xeral.

 

ASPACE Coruña é unha das entidades nas que se está a facer a pilotaxe do proxecto, para poder logo facer participes ao resto de entidades.

 

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1