Quen somos > Persoas usuarias

Persoas usuarias

 

A nosa asociación presta servizos e tratamentos a persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns. A totalidade das 112 persoas que atendemos teñen asociados importantes déficits sensoriais e intelectuais, o 99% deles son totalmente dependentes para satisfacer as súas necesidades básicas. O número de persoas usuarias experimentou un importante ascenso dende a creación da asociación, sobre todo tras a posta en marcha da Residencia I (ano 2001) e Residencia II (ano 2010).

 

 

 

As persoas con parálise cerebral que atendemos repártense entre Centro Educativo, Centro de Día e Servizo Residencial, onde reciben unha atención individualizada adaptada ás súas necesidades e capacidades (algúns residentes son tamén alumnos do Centro Educativo).

 

           

 

 

As persoas usuarias tamén se distribúen segundo a súa idade:

  • Centro Educativo: de 3 a 21 anos
  • Centro de Día/Residencia: de 16 anos en diante

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 4