O servizo de transporte adaptado xoga un importante papel na nosa asociación, xa que permite o traslado diario das persoas con parálise cerebral dende os seus domicilios ata o Centro de Día e o Centro Educativo, permitindo que poidan acceder a tratamentos e actividades que potencien as súas capacidades.
Ademais, tamén é imprescindible para o programa de Ocio e Tempo Libre de Residencia e outros desprazamentos.
Na actualidade, a nosa asociación conta con nove liñas de transporte adaptado (seis propias e tres externas), que cobren as zonas de Ferrol, Mugardos, Betanzos, Sada, Culleredo, Cambre, Oleiros, Arteixo e a cidade da Coruña.
O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.