Que facemos >  

Que facemos

Traballo Social

  • Información e asesoramento sobre recursos sociais

A través deste servizo a nosa asociación busca un maior benestar social e integral para as persoas con parálise cerebral e para as súas familias ao longo de toda a súa vida, circunstancias e contextos. Ofréceselles información, orientación e asesoramento sobre os recursos sociais aos que poden acceder e se lles dá apoio na busca de solucións aos seus problemas sociais.

 

Este departamento encárgase de recoller as demandas das familias, profesionais e outra poboación interesada na entidade, ademais de coordinarse con outros organismos en todo aquilo que represente os intereses das persoas con parálise cerebral: Concellos, Dependencia, Sanidade, centros sociosanitarios, hospitais, entidades privadas, etc.

 

Tamén fomenta a integración e a participación das familias na vida do centro, promovendo o contacto destas persoas (sobre todo no caso dos residentes) co seu ámbito e a súa familia.

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1