Quen somos > Base social > Traballador@s

Traballador@s

 

ASPACE Coruña conta cun equipo formado por unha media de 103 profesionais especializados en parálise cerebral. O compromiso e a dedicación de cada un dos traballadores/ás da nosa asociación tradúcese nunha atención personalizada centrada nas necesidades das persoas nas distintas etapas da súa vida.

 

O equipo foi crecendo de forma continua dende a constitución da entidade, aínda que foi no ano 2001 (apertura da Residencia I) e no ano 2010 (coa posta en marcha da Residencia II) cando o número de traballadores/as experimentou un maior incremento, sobre todo, de persoal de atención directa.

 

 

A maior parte dos traballadores/as desenvolve o seu labor nun dos nosos recursos (Centro Educativo, Centro de DíaServizo Residencial e Atención Temperá), aínda que tamén existen servizos con persoal compartido (Traballo Social, Psicoloxía, Administración, Enfermaría, Limpeza/lavandaría, Cociña, Mantemento).

 

                    

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 4