Transparencia > Responsabilidade social corporativa

Responsabilidade social corporativa

 

En ASPACE cremos firmemente na importancia que ten na nosa sociedade a Responsabilidade Social Corporativa (RSC), xa que permite aumentar a competitividade nun mundo globalizado contribuíndo a un desenvolvemento sostible das empresas e do seu ámbito máis directo a través de accións moi diversas, dende achegas económicas a outro tipo de colaboracións (organización de actividades de integración, deporte e ocio, voluntariado corporativo...).

              

Dende hai anos a asociación colabora con asociacións e organismos de todo tipo, dende organismos públicos (Xunta, Deputación da Coruña, concellos...) a organizacións privadas e empresas como Alcoa (voluntariado corporativo), Gadisa, Fundación María José Jove (actividades de deporte adaptado para persoas con parálise cerebral), Fundación Barrié (formación de directivos e traballadores), o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (actividades de integración a través da arte ou a videocreación)...

 

Cremos que as colaboracións con empresas/organismos/entidades do noso ámbito máis directo nos enriquecen mutuamente: para os colaboradores é unha forma de participar nunha boa causa que beneficia a centos de persoas e que lles achega valor de cara aos seus clientes e á sociedade, e para a nosa asociación é un xeito de obter axuda para poñer en marcha actividades destinadas a integrar e promover as capacidades das persoas con parálise cerebral.


A túa empresa ten Responsabilidade Social Corporativa? Contacta connosco!

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS