Que facemos >  

Que facemos

A Radio dos Gatos

  • Os nosos programas rompen barreiras. Escóitanos!

 

A Radio dos Gatos foi creada en ASPACE Coruña a principios de 2011. A titora dun dos talleres do Centro de Día presenta un proxecto á dirección, que dá o seu apoio e visto e prace e o 18 de febreiro sae á luz o primeiro programa. A día de hoxe xa se emitiron a través da megafonía do centro case 270 programas. Emítense todos os venres pola mañá e dura entre 10 e 15 minutos aproximadamente. Tamén se poden escoitar os programas a través do Facebook de ASPACE Coruña.

 

O programa está realizado por persoas con parálise cerebral da asociación e polos seus micrófonos pasaron boa parte das personalidades que visitaron o centro, como o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, ou a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Docampo, o vicepresidente da Fundación Barrié, Piar Romero Vázquez-Gulías, ademais do presidente da Confederación ASPACE, Jaume Marí, ou o presidente de ASPACE Coruña, Antolín Rodríguez Martínez, entre moitos outros.

 

Con esta iniciativa ASPACE gañou o Premio Nacional Romper Barreiras 2011, organizado por Toshiba e B&J Adaptacións, tras recibir o apoio dos votos de preto de 10.000 internautas de toda España. O galardón permitiulle á asociación adquirir os equipos e o material técnico profesional necesario para realizar os programas coa mellor calidade.

 

Dende a súa creación, a Radio dos Gatos conseguiu o respaldo de moitos. Dende medios de comunicación (o equipo interveu no programa de La Ventana de Gemma Nierga, da Cadea Ser, reportaxes na Revista Fin de semana (TVG), encontro dixital en La Opinión da Coruña, outras informacións en televisións, raios e prensa local) a familias, amigos, sociedade en xeral... todos achegaron o seu gran de area para converter un proxecto modesto nunha iniciativa que conseguiu demostrar que é posible a integración das persoas con parálise cerebral a través do uso das novas tecnoloxías.


Queres contactar co equipo da Radio dos Gatos? Ou facerlles algunha suxestión/petición? Contacta con eles!

 

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 8