O obxectivo deste departamento é buscar o benestar emocional e conductual das persoas con parálise cerebral e as súas familias mediante técnicas baseadas no condicionamento clásico e o condicionamento instrumental, pero sobre todo cambios "ecolóxicos", e de modificación das condicións ambientais, desenvolvendo tanto intervencións individuais coma programas grupales.
O traballo cos usuarios
Intervencións individuais:
-
Avaliación psicolóxica e conductual
-
Informes psicolóxicos
-
Elaboración, conxuntamente co titor, do Plan de Atención Individualizado (PAI), coa metodoloxía de planificación centrada na persoa, coa colaboración de familias e usuarios
-
Elaboración conxuntamente co seu titor do ACI (Adaptación Curricular Individualizada)
-
Elaboración de plans de intervención conductual
-
Elaboración de pautas e orientacións conductuales ao persoal de atención directa
-
Orientación e apoio persoal a usuarios/ás
Intervencións grupais:
-
Programa de Cidadanía activa. Autoxestores.
-
Programa de axuste persoal. Recepción.
-
Programa de inserción laboral (apoio o servizo ofrecido dende a Federación).
O traballo coas familias
-
Apoio e orientación ante casos concretos.
-
Organización das reunións do Grupo de Familias, en colaboración con Traballo Social