Que facemos >  

Que facemos

Programa de emprego

  • Enmarcado dentro do Programa de Emprego e Formación da Federación ASPACE Galicia

Enmarcado dentro do Programa de emprego e formación de Federacion ASPACE-Galicia, cuxo obxectivo é facilitar a integración socio-laboral das persoas con parálise cerebral e/ou patoloxías afíns, a través de itinerarios individualizados de orientación, prospección e acompañamento no posto de traballo, necesarios para a súa incorporación ao mercado laboral.

 

O servizo está orientado a persoas en busca de emprego e/ou formación.

 

Os servizos de atención directa que se prestan en ASPACE-Coruña son:

  • Apoio para definir o perfil profesional e os obxectivos profesionais
  • Asesoramento na elaboración do currículo
  • Xestión na captación de recursos formativos/laborais
  • Formación e adestramento en competencias profesionais
  • Información sobre o mercado de traballo e sobre ofertas de emprego e formación
  • Preparación de entrevistas laborais/formativas
  • Accións grupales: de información, habilidades sociolaborais, técnicas de busca de emprego...
  • Elaboración e acompañamento do itinerario formativo-laboral individualizado


Para solicitar unha cita ou para obter máis información sobre o servizo, poñervos en contacto con Antonio Doallo: emprego@aspacegalicia.org ou Anxos Lema: orientacion@aspacegalicia.org, ou senón no teléfono 665735600

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 1