Que facemos >  

Que facemos

Ocio e tempo libre

  • Excursións, concertos, festas... para non se aburrir

O ocio cumpre un papel fundamental na vida de calquera persoa. Por iso, o obxectivo do servizo de Ocio da nosa asociación, é favorecer a inclusión social e a normalización das vidas das persoas, garantindo unha presenza activa como cidadáns de pleno dereito.

 

Así se pretende mellorar a calidade de vida das persoas proporcionado e promovendo apoios necesarios para un desenvolvemento persoal e social máis satisfactorio. Todo isto conséguese mediante:

 

  • A libre elección das actividades nas que participan
  • Compartindo espazos de entretemento e diversión con outras persoas, ben no propio centro con outros compañeiros ou, participando dos recursos que o ámbito nos ofrece: concertos, teatros, encontros deportivos…

 

Hoxe por hoxe podemos dicir que unha parte moi importante para que isto se leve a cabo é o voluntariado, que á parte de acompañar os usuarios nas saídas, conseguen ter con eles unha relación de amizade e son o enlace entre a asociación e o ámbito comunitario.

 

Non o dubides, faite Voluntari@!!!!!!

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 5