Que facemos >  

Que facemos

Obradoiro artístico

  • Cerámica, trofeos, cadros... somos creativos!

 

No taller artístico trabállase sobre todo a creatividade das persoas con parálise cerebral seguindo unhas pautas para desenvolver a súa expresión artística.


Para iso utilízase fundamentalmente a arxila como instrumento, aínda que tamén se empregan outros materiais. Unha vez que os usuarios coñecen as técnicas de modelado e conformado de pezas, aplícanas para crear obras totalmente únicas.


A través das actividades que realizan neste taller inténtanse alcanzar os seguintes obxectivos:

 

  • enriquecer as experiencias perceptivas, intelectuais, corporais e estéticas
  • desenvolver a capacidade creativa
  • favorecer maior equilibrio emocional
  • estimular a percepción e a sensibilidade
  • mellorar a comunicación tanto verbal coma non verbal
  • adquirir o coñecemento de técnicas, medios e procedementos que favorezan a súa expresión e comunicación
  • establecer relacións sociais
  • reforzar a autoestima
  • mellorar a motricidade fina


Gustaríache adquirir algunha destas pezas únicas? Bótalle unha ollada ao catálogo

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 8

Enlaces