Que facemos >  

Que facemos

Novas tecnoloxías

  • Innovación e integración

O servizo de Novas Tecnoloxías pretende mediante produtos de apoio, software específico e ferramentas da informática actual, adquirir, potenciar ou mellorar habilidades lingüísticas, de comunicación, de aprendizaxe e socialización.

 

O servizo desenvólvese de xeito transversal nas actividades dos centros, respectando as capacidades e necesidades de cada persoa, facilitándolles en todo momento, os medios posibles para que poidan cubrir as súas necesidades didácticas e de estimulación, así como favorecer unha maior integración social e un avance individual para o desenvolvemento da súa personalidade.

 

Durante estes anos ASPACE participou nos seguintes proxectos de investigación:

 

  • Proxecto HEAD-INTIC: "Rede de dinamización dun sistema de apoio para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión das persoas con diversidade funcional na sociedade da información". Subvencionado pola Fundación La Caixa.
  • Proxecto e.T.I.C.: "Estimulación terapéutica integral computarizada na promoción da autonomía persoal das persoas con dano cerebral". Subvencionado pola Fundación Mapfre.
  • Proxecto EDIRIS: "Educación manexando o ordenador a través do iris". Subvencionado pola Confederación ASPACE (Plan Avanza- Ministerio de Industria)
  • Proxecto G-TIC: "Xestión das TIC´s en persoas con diversidade funcional para a accesibilidade, usabilidade e e-inclusión na Sociedade da Información" (Plan Avanza- Ministerio de Industria e Xunta de Galicia)

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 5