Quen somos > Misión, visión e valores

Misión, visión e valores

 

ASPACE foi fundada en 1977 por un grupo de pais e nais de persoas con parálise cerebral, e é a asociación pioneira en Galicia en atención integral a persoas con parálise cerebral e a única con estas características na Coruña e provincia.

 

 

MISIÓN:

Traballamos para...

Mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e minusvalideces psicofísicas e as das súas familias, poñendo á súa disposición os recursos necesarios para promover o seu desenvolvemento persoal e a igualdade de oportunidades.

 

VISIÓN:

Queremos...

Ser unha entidade vangardista e innovadora en Galicia que conte con sólidas alianzas e un equipo humano comprometido coas persoas con parálise cerebral e as súas familias, acompañándoas no seu proxecto de vida, buscando a súa propia felicidade e promovendo a súa inclusión como cidadáns de pleno dereito.

 

 

VALORES:


Para nós...

  • O COMPROMISO é vivir e sentir os obxectivos da organización, implicándonos coas persoas e poñendo en valor os seus intereses por enriba dos propios
  • O RESPECTO é a esencia das relacións humanas e da vida da nosa organización, porque significa valorar os demais aceptando o seu dereito a ser diferentes e recoñecendo as súas virtudes
  • A MOTIVACIÓN é a ilusión que nos impulsa cada día para alcanzar novas metas, gozando do camiño e do esforzo para conseguir os nosos obxectivos
  • A INTEGRIDADE e a COHERENCIA son os principios básicos que nos obrigan a actuar con honestidade, responsabilidade e respecto..., construíndo confianza nas persoas a través das nosas palabras e as nosas actuacións
  • A ÉTICA é aplicar en todo momento a honestidade nos nosos xestos e accións, fixándonos nos pequenos detalles e tomando todas as decisións respectando un mesmo e os demais. Porque cada persoa ten un valor en si mesma
  • O TRABALLO EN EQUIPO é integrar esforzos entre varias persoas que se necesitan entre si, onde todos dispoñemos de oportunidades para achegar os nosos coñecementos e experiencias, enriquecéndonos así coa axuda dos demais. Todo iso baixo os principios de vocación de servizo, solidariedade, respecto, participación, diálogo e autodesenvolvemento
  • A INNOVACIÓN dá sentido á nosa forma de traballar, porque renovamos constantemente os nosos servizos e proxectos para responder aos desafíos da sociedade. Aceptamos o novo e o diferente, liberamos a nosa enerxía e creatividade para inspirar novas ideas no colectivo que atendemos
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos