Que facemos >  

Que facemos

Logopedia

  • Alimentación, linguaxe e sistemas alternativos de comunicación

 

O servizo de logopedia está condicionado polas características da persoa con parálise cerebral e a súa capacidade mental, motora e sensorial.

 

Nalgúns casos, a atención vai dirixida a tratar a competencia comunicativa en grupo (atención ao outro, aprender a preguntar e responder, respectar a quenda, tomar a iniciativa nas conversacións, propiciar temas e expresar sentimentos e acontecementos vividos,…).

 

Noutros casos, o seu tratamento está dirixido a aspectos da alimentación (exercicios mastigatorios e deglutorios), á implantación e manexo de sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC), tratamento ortofónico (para a mellora da comprensión no seu discurso), ou o tratamento de aspectos máis simbólicos da linguaxe.

 

En definitiva, trátase de aprender as canles receptiva, organizativo-comprensivo e comunicativo-expresivo da linguaxe, facendo fincapé no que cada persoa necesita.

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 4