Os coronavirus son unha ampla familia de virus que poden causar infección nos seres humanos e nunha variedade de animais (aves e mamíferos). En ocasións poden transmitirse dos animais ás persoas. O coronavirus SARS-CoV-2 é un novo tipo de coronavirus e produce a enfermidade COVID-19.
A COVID‑19 é a enfermidade infecciosa causada polo coronavirus que se descubriu máis recentemente. Tanto este novo virus como a enfermidade que provoca eran descoñecidos antes de que estalase o brote en Wuhan (China) en decembro de 2019. Actualmente a COVID‑19 é unha pandemia que afecta a moitos países de todo o mundo.
COMO SE TRANSMITE?
Unha persoa pode contraer a COVID‑19 por contacto con outra que estea infectada polo virus. A enfermidade propágase principalmente de persoa a persoa a través das gotículas que saen despedidas do nariz ou a boca dunha persoa infectada ao toser, esbirrar ou falar.
Estas gotículas son relativamente pesadas, non chegan moi lonxe e caen rapidamente ao chan. Unha persoa pode contraer a COVID‑19 se inhala as gotículas procedentes dunha persoa infectada polo virus. Por iso é importante manterse polo menos a un metro e medio de distancia dos demais.
Estas gotículas poden caer sobre os obxectos e superficies que rodean á persoa, como mesas, pomos e varandas, de modo que outras persoas poden infectarse se tocan eses obxectos ou superficies e logo tócanse os ollos, o nariz ou a boca. Por iso é importante lavarse as mans frecuentemente con auga e xabón ou cun desinfectante a base de alcol.
CALES SON OS SEUS PRINCIPAIS SÍNTOMAS?
Os síntomas máis comúns da COVID-19 inclúen:
Outros síntomas poden ser: diminución do olfacto e do gusto, calafríos, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, entre outros.
A maioría dos casos son leves. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e mesmo a morte. Os casos máis graves xeralmente ocorren en persoas de idade avanzada ou que padecen algunha enfermidade crónica, como enfermidades do corazón, do pulmón ou inmunodeficiencias.
O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.