Quen somos > A nosa historia en fitos

A nosa historia en fitos

 

  • 1977: un grupo de nais e pais, ante a inexistencia de recursos públicos e privados, deciden constituír a asociación
  • 1978: as familias alugan unha casa en Cambre para convertela no primeiro centro asistencial da asociación, con capacidade para 25 nenos con parálise cerebral

 

                              

 

  • 1980: o Consello de Ministros declara a asociación como entidade de Utilidade Pública
  • 1983: tras adquirir un terreo na parroquia de Osedo (Sada), ASPACE Coruña constrúe un novo centro ao que traslada a súa actividade

 

                              

 

  • 1987: creouse o Club Sport ASPACE
  • 2001: inaugúrase a primeira Residencia de ASPACE Coruña
  • 2007: a asociación obtén o Certificado de Calidade ISO 9001 no servizo residencial
  • 2010: ponse en funcionamento a Residencia II, coa que a asociación consegue incrementar o número de prazas para residentes

 

                               

  • 2011: o proxecto da Radio dos Gatos obtén o Premio Nacional "Romper Barreiras" organizado por B&J Adaptacións e Toshiba tras obter mais de 10.000 votos
  • 2012: todos os centros de ASPACE conseguen o Certificado de Calidade ISO 9001
  • 2014: inauguración do novo centro educativo
  • 2015: posta en funcionamento do Centro de Formación para a Prevención da Dependencia
  • 2017: o concello de Sada concede a asociación a  súa Medalla de Ouro
  • 2018: renovación do Certificado de Calidade segundo a nova norma UNE-EN ISO 9001:2015
  • 2019: posta en marcha do servizo de Atención Temperá
  • 2019: creación da marca #SoyVoluntarix e extensión do servizo de Ocio e Voluntariado ás persoas de todos os centros da asociación
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 16