Que facemos >  

Que facemos

Hidroterapia

  • A auga como medio para a terapia e a diversión

A hidroterapia está indicada para persoas con parálise cerebral sen límite de idade, con diferentes graos de afectación física, psíquica e de autonomía persoal, con e sen control de esfínteres. Para iso baseámonos nos seguintes requisitos mínimos e básicos:

  • a seguridade da persoa no medio acuático
  • a autoconfianza dentro do mencionado medio
  • a experiencia non traumática
  • a aprendizaxe progresiva e adaptada ás características do usuario


Os tratamentos poden ser individuais ou en pequenos grupos; e son efectuados por persoal especializado, sendo a duración destes de 30 minutos. Con eles perséguense fins físicos (mellorar movementos, percorridos articulares, equilibrio, coordinación...) e fins psicolóxicos (mellorar autoconfianza, a súa motivación e as relacións cos demais).

 

Perséguense os seguintes obxectivos:

  • favorecer o movemento grazas ao efecto desgravitatorio da auga
  • diminuír a dor e buscar a relaxación muscular
  • manter ou aumentar os percorridos articulares
  • manter ou mellorar o equilibrio e a coordinación
  • estimular a circulación e o movemento
  • pracer e diversión
  • mellorar a forma de nadar (isto pódese facer en determinados e escasos usuarios)

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 2