Fundación > FUNDACIÓN ASPACE CORUÑA

FUNDACIÓN ASPACE CORUÑA

 

                                 

 

A Fundación ASPACE Coruña é unha entidade sen ánimo de lucro que se constituíu ante notario o 24 de xullo de 2012 e que ten como principal obxectivo exercer a tutela, curadoría e representación das persoas con parálise cerebral infantil ou patoloxías asociadas.

 

Inscrita como entidade sen ánimo de lucro de Interese Asistencial no Dog do 7 de xaneiro de 2013 e declarada de Interese Galego o 27 de febreiro de 2013 figurando inscrita co número 2013/03.

 

A creación desta Fundación xorde da necesidade de dar unha resposta á inexistencia dun organismo tutela específico para as persoas con parálise cerebral en Galicia. A decisión da súa constitución partiu dun acordo da Asemblea Xeral da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) da Coruña no ano 2011, xa que a entidade conta cunha demostrada experiencia na atención e coidado deste colectivo durante máis de 35 anos.

 

A Fundación ASPACE Coruña desenvolverá as súas actividades principalmente na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu domicilio social está en Casteliño, 24 (Osedo), 15160 Sada (A Coruña)

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 4