En ASPACE ofrecemos menús elaborados na nosa propia cociña baixo estritos criterios sanitarios e dietéticos aos usuarios dos tres centros, media pensión a Centro Educativo e Centro de Día, e pensión completa a Centro Residencial.
Dous son os nosos principios fundamentais: nutrición e alimentación segura, e para iso contamos con profesionais implicados tanto na asistencia á hora de comer dos usuarios (necesidades de apoio, grao de autonomía, alteracións na deglutición, crises epilépticas, problemas de conduta...) coma na elaboración dos menús, seguindo as necesidades individuais de cada un deles (axudas e/ou modificacións na textura).
O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa.