Quen somos > Certificacións e recoñecementos

Certificacións e recoñecementos

 

A nosa asociación foi declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior o 3 de novembro de 1980.

 

Está inscrita nos seguintes rexistros:

  • Rexistro Nacional de Asociacións co n.º 18.135
  • Rexistro Provincial co n.º 390
  • Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) co n.º e56
  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co n.º 15021950
  • Ministerio de Economía e Facenda co C.I.F.: G-15031529
  • Rexistro de centros, servizos e establecementos sanitarios co n.º C-15-002470
  • Rexistro municipal de asociacións cidadás de Ferrol co n.º 458
  • Rexistro municipal de asociacións da Coruña (REMAC) co n.º 303

 

Contamos cun Sistema de Xestión de Calidade baseado na Norma UNE EN ISO 9001:2015, auditar externamente por AENOR.

O Sistema de Xestión de Calidade está implantado dende o ano 2007 no Centro Residencial e no ano 2012 ampliouse a toda a asociación.

 

Premios / recoñecementos:

  • Premio Romper Barreiras 2011:  ASPACE Coruña obtivo este premio, organizado por Toshiba e B&J Adaptaciones grazas ao proxecto da Radio dos Gatos, que supuxo a creación dunha radio na que participan persoas con parálise cerebral utilizando as novas tecnoloxías. O proxecto obtivo o voto de case 10.000 internautas de toda España
  • Proxectos Impulso: ASPACE gañou en 2013 a primeira edición dos Premios Impulso, do Banco Popular, cun proxecto para formar persoas con parálise cerebral como recepcionistas
  • Premio ASPACE Crea: ASPACE Coruña gañou o concurso nacional ASPACE CREA, unha convocatoria lanzada por ASPACE Galicia e a Confederación ASPACE, cunha figura deseñada polos usuarios da asociación e que será o galardón dos Premios ASPACE Ipsen Pharma ata 2017
  • Medalla de Ouro do Concello de Sada: o Concello de Sada concedeu a súa Medalla de Ouro á asocación polos 40 anos de traballo
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 3